20/10/10

A TOUPIÑA VISITA UNHA ESCOLA DA INDIA...

... na que saben cantar " A SAIA DA CAROLINA" por suposto en galego:
E quen ben bailan!!!

16/6/10

FALANDO DE CACAS!!!


Untitled from capturanubes on Vimeo.
Durante todo o curso fixemos moitas actividades de expresión relacionadas cos libros e as historias que contan, ás veces gravamos as sesións... 

3/5/10

A TOUPIÑA APRENDE IDIOMAS!!!

Xa sabemos que a mellor maneira de aprender idiomas é ir o país onde se fala, a toupiña levaba uns días sen aparecer polas nosas aulas e agora xa sabemos cal foi a razón,(menos mal que os outros contos nos seguiron acompañando):
ESTABA EN POLONIA APRENDENDO POLACO!!!
Escoitade como fala agora:


Untitled from Maria on Vimeo.

23/3/10

CONVERSAS EN CRI CRI


Untitled from Maria on Vimeo.

17/3/10

QUE ESTÁ A PASAR NO BLOG QUE APARECEN COUSAS E NON SABEMOS MOI BEN COMO.

Así é, algúns días o blog está tranquilo e non hai novidades, outros e sen saber como sucede, aparecen vídeos, letras, músicas... ou sexa que o mellor que podemos facer é estar alerta.
Hoxe cando abrimos pola mañá o blog escoitamos un misterioso cri cri cri, e de seguido xente cantando,  pero entender entender, non se entendía de todo...

14/3/10

A TOUPIÑA NON ACREDITA!!!

As bibliotecas das aulas de 4 anos teñen moitos libros con animais!!!
Seguro que se investigamos un pouco polas bibliotecas das casas,  pola do colexio, ou pola biblioteca do barrio levamos unha sorpresa coa cantidade de libros nos que aparecen pombas, grilos, cabalos, cabras, cans...
Convidovos a que mandedes o titulo ou unha foto dos libros que vaiades atopando  para  engadilo a nosa lista de:
 Os libros con animais que nos gustan!

5/3/10

ALGÚNS ANIMAIS DORMEN O SON DUNHA NANA...EN ITALIANO!

23/2/10

XA SABEMOS COMO EMPEZAR A BUSCAR INFORMACIÓN DE ONDE VIVEN AS TOUPIÑAS.

Un misterio a piques de desvelar: 
As toupiñas viven debaixo da terra?
Nos non temos presa e as ideas van xurdindo, variadas e interesantes:
mirando nos buratos, consultando o conto da toupiña, buscando libros na biblioteca e algunha máis que poderedes escoitar da voz dos seus protagonistas nunha serie de vídeos que irán aparecendo nos seguintes días no PROXECTO TOUPIÑAS.


Untitled from Maria on Vimeo.

21/2/10

ONDE VIVEN AS TOUPIÑAS?

Sospeitamos que viven debaixo da terra.. será isto un dato cientifico?



Temos algunha información no conto da toupiña,  pero seguro que se investigamos máis atoparemos respostas a tanta pregunta.
Agora que:

 ONDE INVESTIGAR?
Imos ter que empezar por lo principio e preguntar onde podemos atopar información do tema...

No seguinte vídeo aparecen máis toupiñas meténdose debaixo da terra, a min dame  que pensar que farán para dormir, comer, xogar, quedar cos amigos...irán a escola?

Untitled from Maria on Vimeo.

2/2/10

AS TOUPIÑAS NO COLEXIO

   As toupiñas chegaron ao noso colexio da man dun fermoso conto:

"A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXO AQUILO NA CABEZA"




Chegaron na compañía duns amigos moi especiais: vacas, pombas, cabalos, moscas...que traen  moitos misterios do mundo animal sen resolver:

Que comen?
Que pasa co que comen?
Onde viven?


Mil e unha preguntas que seguro que coa vosa axuda  atoparán respostas.
Como e onde buscar esas respostas forma parte dos obxectivos do proxecto.
Aprender a camiñar coma unha lebre ou rirse coma unha cabra son parte  das actividades coas que achegarnos ao xogo teatral e a expresión corporal, outro dos obxectivos a desenvolver.
Contar o que vai pasando con gravacións de voz e imaxes será unha parte importante , tanto polo que supón de comunicación e intercambio coa comunidade educativa como de exercicio de expresión e reflexión do traballo realizado.
Todas as novas relacionadas coas toupiñas e os seus amigos irán aparecendo neste blog, que nace para dotar dun espazo en liña propio ao proxecto e facilitar o seguimento do mesmo.

A adaptación libre do conto permitirá que nenos e nenas nos amosen as súas dotes interpretativas, pero xa falaremos  máis polo miudo de como vai ser...


Convídovos a que nos sigades nesta nova aventura!!!