2/2/10

AS TOUPIÑAS NO COLEXIO

   As toupiñas chegaron ao noso colexio da man dun fermoso conto:

"A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXO AQUILO NA CABEZA"




Chegaron na compañía duns amigos moi especiais: vacas, pombas, cabalos, moscas...que traen  moitos misterios do mundo animal sen resolver:

Que comen?
Que pasa co que comen?
Onde viven?


Mil e unha preguntas que seguro que coa vosa axuda  atoparán respostas.
Como e onde buscar esas respostas forma parte dos obxectivos do proxecto.
Aprender a camiñar coma unha lebre ou rirse coma unha cabra son parte  das actividades coas que achegarnos ao xogo teatral e a expresión corporal, outro dos obxectivos a desenvolver.
Contar o que vai pasando con gravacións de voz e imaxes será unha parte importante , tanto polo que supón de comunicación e intercambio coa comunidade educativa como de exercicio de expresión e reflexión do traballo realizado.
Todas as novas relacionadas coas toupiñas e os seus amigos irán aparecendo neste blog, que nace para dotar dun espazo en liña propio ao proxecto e facilitar o seguimento do mesmo.

A adaptación libre do conto permitirá que nenos e nenas nos amosen as súas dotes interpretativas, pero xa falaremos  máis polo miudo de como vai ser...


Convídovos a que nos sigades nesta nova aventura!!!

0 comentarios: