23/2/10

XA SABEMOS COMO EMPEZAR A BUSCAR INFORMACIÓN DE ONDE VIVEN AS TOUPIÑAS.

Un misterio a piques de desvelar: 
As toupiñas viven debaixo da terra?
Nos non temos presa e as ideas van xurdindo, variadas e interesantes:
mirando nos buratos, consultando o conto da toupiña, buscando libros na biblioteca e algunha máis que poderedes escoitar da voz dos seus protagonistas nunha serie de vídeos que irán aparecendo nos seguintes días no PROXECTO TOUPIÑAS.


Untitled from Maria on Vimeo.

21/2/10

ONDE VIVEN AS TOUPIÑAS?

Sospeitamos que viven debaixo da terra.. será isto un dato cientifico?



Temos algunha información no conto da toupiña,  pero seguro que se investigamos máis atoparemos respostas a tanta pregunta.
Agora que:

 ONDE INVESTIGAR?
Imos ter que empezar por lo principio e preguntar onde podemos atopar información do tema...

No seguinte vídeo aparecen máis toupiñas meténdose debaixo da terra, a min dame  que pensar que farán para dormir, comer, xogar, quedar cos amigos...irán a escola?

Untitled from Maria on Vimeo.

2/2/10

AS TOUPIÑAS NO COLEXIO

   As toupiñas chegaron ao noso colexio da man dun fermoso conto:

"A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXO AQUILO NA CABEZA"




Chegaron na compañía duns amigos moi especiais: vacas, pombas, cabalos, moscas...que traen  moitos misterios do mundo animal sen resolver:

Que comen?
Que pasa co que comen?
Onde viven?


Mil e unha preguntas que seguro que coa vosa axuda  atoparán respostas.
Como e onde buscar esas respostas forma parte dos obxectivos do proxecto.
Aprender a camiñar coma unha lebre ou rirse coma unha cabra son parte  das actividades coas que achegarnos ao xogo teatral e a expresión corporal, outro dos obxectivos a desenvolver.
Contar o que vai pasando con gravacións de voz e imaxes será unha parte importante , tanto polo que supón de comunicación e intercambio coa comunidade educativa como de exercicio de expresión e reflexión do traballo realizado.
Todas as novas relacionadas coas toupiñas e os seus amigos irán aparecendo neste blog, que nace para dotar dun espazo en liña propio ao proxecto e facilitar o seguimento do mesmo.

A adaptación libre do conto permitirá que nenos e nenas nos amosen as súas dotes interpretativas, pero xa falaremos  máis polo miudo de como vai ser...


Convídovos a que nos sigades nesta nova aventura!!!